Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.736

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 17 de abril de 2001 pola que se convoca o XII Certame Galego de Teatro Xuventude 2001.

O Real decreto 2434/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura, especifica no seu anexo I.B.3.h que aquela asume as competencias de promoción e organización de actividades de animación sociocultural no ámbito artístico, artesanal, turístico e de aire libre, dirixidas ós sectores da xuventude, infancia, terceira idade e sectores marxinados.

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, en virtude do Decreto 488/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a súa estructura orgánica é o órgano competente da Administración autonómica ó que lle corresponde o exercicio das competencias e funcions en materia de, entre outras, o apoio ó desenvolvemento da actividade xuvenil, que leva a cabo a través da Dirección Xeral de Xuventude. Por outra banda, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, a través da súa Dirección Xeral de Promoción Cultural, ten, entre outras funcións, de acordo co disposto no Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, a de colaborar no desenvolvemento do teatro, a danza, a música, as artes líricas e coreográficas, así como a posta en práctica de medidas de apoio para os artistas.

Polo exposto, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, consciente da importancia que ten facilitar vías polas que poida manifestarse a actividade e inquedanza artística individual e colectiva da xuventude galega, e contando coa colaboración da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, dada a natureza das actividades que se van realizar, convoca unha serie de certames, concursos e mostras que abranguen un amplo abano de manifestacións de carácter artístico e artesanal e que constitúen o programa Certames e Mostras Xuventude 2001.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude convoca o XII Certame Galego de Teatro Xuventude 2001, segundo as bases que se establecen no anexo I desta orde, onde se regulan os aspectos relativos á participación, condicións xerais que van rexer na respectiva convocatoria, inscricións, desenvolvemento, premios e xurado.

Artigo 2º

O certame obxecto da presente convocatoria está dotado cuns premios únicos para toda a Comunidade Autónoma galega e será tramitado a través das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, coa colaboración das delegacións provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e

Xuventude será a encargada de organiza-lo certame ó que se fai mención no artigo 1º.

Artigo 3º

As actividades que impliquen o desenvolvemento deste certame serán custeadas con cargo ás partidas orzamentarias 14.05.355B.640.1 e 14.01.211A.640.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orden entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2001.

Manuela López Besteiro

Consellería de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

ANEXO I

XII Certame Galego de Teatro Xuventude 2001

I. Convocatoria.

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, convoca o XII Certame Galego de Teatro-Xuventude 2001.

II. Participantes.

Poderán concorrer a este certame tódolos grupos teatrais, non profesionais, compostos por galegos ou residentes en Galicia, que se inclúan dentro dalgunha das categorías da presente convocatoria.

III. Categorías.

Establécense catro categorías:

Categoría A: para grupos de teatro independentes compostos por persoas que non teñan máis de 30 anos de idade.

Categoría B: para grupos de teatro que se constitúan nos distintos centros de ensino infantil e primario e que agrupen alumnos dos ditos centros.

Categoría C: para os grupos de teatro que se constitúan en centros de ensino secundario, institutos de bacharelato e centros de formación profesional de Galicia, formados por alumnos dos ditos centros que non superen os 30 anos de idade.

Categoría D: para grupos de teatro que se constitúan en escolas e facultades universitarias de Galicia e que os seus membros non superen os 30 anos de idade.

Estas idades enténdese cumpridas ó 31-12-2001, agás dirección e equipo técnico.

IV. Condicións xerais.

1. As obras poderán ser de autores galegos, españois ou estranxeiros.

2. Poderán presentarse textos orixinais.

3. Non poderán presentarse obras xa premiadas outros anos.

4. Cada centro participante en cada categoría só poderá presentar un total de tres obras.

5. A duración da representación de cada obra non poderá exceder dunha hora e media.

6. Excluiranse aqueles grupos que non cumpran as condicións esixidas nas distintas bases desta orde de convocatoria.

V. Inscricións.

As solicitudes deberán formularse no impreso normalizado que se indica no anexo II.

Así mesmo, os participantes deberán enviar:

-O boletín de inscrición que se indica no anexo III, nun sobre pechado no que figurará exclusivamente o título da obra que se vai representar.

-Fotocopia do DNI ou do libro de familia dos compoñentes do grupo.

-Fotocopia do NIF do grupo de teatro independente, para a categoría A, ou do correspondente centro, para as categorías B, C ou D.

-Certificación orixinal acreditativa do número dunha conta bancaria, (20 díxitos), e do seu titular, que terá que corresponderse co do NIF do punto anterior.

Segundo a categoría presentarán tamén:

Categoría A:

-Unha síntese da obra (título, autor, adaptación dos diálogos, se é o caso) e da posta en escena (número de personaxes, tipo de decorado, vestiario, espacio que se precisa, etc.).

-Un vídeo dunha representación da obra a concurso ou dun ensaio xeral, feito dentro do ano 2001.

Categoría B e C:

-Unha síntese da obra (título, autor, adaptación dos diálogos, se é o caso) e da posta en escena (número de personaxes, necesidades de decorado, vestiario, espacio, etc. que precisan) e nomes dos responsables e coordinadores.

-Un vídeo dunha representación da obra a concurso ou dun ensaio xeral, feito dentro do curso académico 2000-2001.

Categoría D:

-Unha síntese da obra (título, autor, adaptación dos diálogos, se é o caso) e da posta en escena (número de personaxes, tipo de decorado, vestiario, espacio que se precisa, etc.).

-Un vídeo dunha representación da obra a concurso ou dun ensaio xeral, feito dentro do curso académico 2000-2001.

O vídeo ó que se fai mención nas distintas categorías debe ser en formato VHS e ten que estar en boas condicións, tanto de imaxe coma de son, para a súa correcta visión polo xurado. O incum

primento destes requisitos dará lugar á exclusión do certame.

Os participantes deberán dirixi-lo impreso de solicitude, a obra e o sobre pechado ó Servicio de Xuventude da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da provincia na que residan habitualmente que poderá ser en:

R/ Ronda da Muralla, 70, 27003 Lugo.

Av. de La Habana, 81-baixo, 32004 Ourense.

R/ Durán Loriga, 9-1º, 15003 A Coruña.

R/ Mª Berdiales 20-entreplanta, 36203 Vigo.

Todo isto, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación será ata o 31 de maio de 2001.

VI. Desenvolvemento.

O certame obxecto da presente convocatoria desenvolverase a través da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de Lugo coa colaboración da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

O xurado seleccionará, de entre os participantes, aqueles que, pola súa calidade, considere merecentes de concorrer á fase final.

O xurado poderá seleccionar para a fase final ata seis grupos en cada unha das categorías.

As notificacións das decisións do xurado, tanto favorables como desfavorables, seranlles enviadas ós solicitantes nun prazo non superior a seis meses desde a publicación da presente orde no DOG.

En caso de non recibi-la notificación no antedito prazo poderá entenderse desestimada a solicitude presentada.

Sen prexuízo do anterior, no mes de outubro de 2001 na cidade de Lugo o xurado deste certame procederá á entrega de premios ós finalistas nas distintas categorías.

VII. Premios.

Establécense os seguintes premios:

PremiosCategoría A

1º250.000 pesetas e diploma.

2º150.000 pesetas e diploma.

3º100.000 pesetas e diploma.

4º ó 6º 60.000 pesetas e diploma.

PremiosCategoría B e C

1º200.000 pesetas e diploma.

2º100.000 pesetas e diploma.

3º 75.000 pesetas e diploma.

4º ó 6º 50.000 pesetas e diploma.

PremiosCategoría D

1º250.000 pesetas e diploma.

2º150.000 pesetas e diploma.

3º100.000 pesetas e diploma.

4º ó 6º 60.000 pesetas e diploma.

Para cada unha das categorías (A, B, C e D) establécese un premio especial de 100.000 pesetas para a mellor representación feita en galego.

Prevese para as catro categorías a concesión de diversas cantidades, de ata 50.000 pesetas por distintos conceptos. Así mesmo, establécese unha cantidade de 50.000 pesetas para cada centro educativo seleccionado para representar na fase final, dentro das categorías B, C e D, co fin de cubrir gastos orixinados pola representación (desprazamento, vestiario, decorados, etc.).

As cantidades dos premios serán únicas e indivisibles.

Así mesmo, farase entrega a cada un dos grupos participantes nas distintas categorías dun diploma que acredite a súa participación neste Certame Galego de Teatro.

Os grupos seleccionados polo xurado para a fase final nas distintas categorías comprométense, no momento de faceren a inscrición, a representa-las obras polas que foron nomeados e premiados, na cerimonia de entrega de premios que se celebrará na cidade de Lugo no mes de outubro de 2001, se a organización o estimase oportuno.

Prevese a concesión dunha cantidade de 50.000 pesetas en concepto de gastos de viaxe e xerais ó grupo que represente o día da entrega de premios.

Así mesmo, os grupos gañadores do 1º premio nas diferentes categorías comprométense, no momento de face-la inscrición, a representa-la obra pola que foron premiados no lugar e data que determinará a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. Para tal efecto prevese a concesión dunha cantidade de 150.000 pesetas en concepto de gastos de viaxe e xerais por grupo teatral, que se fará efectiva unha vez feita a dita representación.

Os premios obxecto desta convocatoria estarán suxeitos ás retencións correspondentes, conforme a lexislación tributaria.

VIII. Xurado.

O xurado será designado polos delegados provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Lugo e estará composto por persoas cualificadas no campo artístico, recaendo a secretaría nun funcionario da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de Lugo.

O xurado segundo a calidade das obras poderá deixar desertos algúns dos premios.

A decisión do xurado será inapelable.