Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.732

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 17 de abril de 2001 pola que se convoca o IX Certame Galego de Poesía e Narración Xuventude 2001 Francisco Fernández del Riego para autores novos.

O Real decreto 2434/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura, especifica no seu anexo I.B.3.h que aquela asume as competencias de promoción e organización de actividades de animación sociocultural no ámbito artístico, artesanal, turístico e de aire libre, dirixidas ós sectores da xuventude, infancia, terceira idade e sectores marxinados.

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, en virtude do Decreto 488/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a súa estructura orgánica é o órgano competente da Administración autonómica ó que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións en materia de, entre outras, o apoio ó desenvolvemento da actividade xuvenil, que leva a cabo a través da Dirección Xeral de Xuventude. Por outra banda, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, a través da súa Dirección Xeral de Promoción Cultural, ten, entre outras funcións, de acordo co disposto no Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, a de colaborar no desenvolvemento do teatro, a danza, a música, as artes líricas e coreográficas, así como a posta en práctica de medidas de apoio para os artistas.

Polo exposto, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, consciente da importancia que ten facilitar vías polas que poida manifestarse a actividade e inquedanza artística individual e colectiva da xuventude galega, e contando coa colaboración da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, dada a natureza das actividades que se van realizar, convoca unha serie de certames, concursos e mostras que abranguen un amplo abano de manifestacións de carácter artístico e artesanal e que constitúen o programa Certames e Mostras Xuventude 2001.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude convoca o IX Certame Galego de Poesía e Narración Xuventude 2001 Francisco Fernández del Riego para autores novos, segundo as bases que se establecen no anexo I desta orde, onde se regulan os aspectos relativos á participación, condicións xerais que van rexer na respectiva convocatoria, inscricións, desenvolvemento, premios e xurado.

Artigo 2º

O certame obxecto da presente convocatoria está dotado cuns premios únicos para toda a Comunidade Autónoma galega e será tramitado a través das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, coa colaboración das delegacións provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude será a encargada de organiza-lo certame ó que se fai mención no artigo 1º.

Artigo 3º

As actividades que impliquen o desenvolvemento deste certame serán custeadas con cargo ás partidas orzamentarias 14.05.355B.640.1 e 14.01.211A.640.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2001.

Disposicións derradeiras

Primera.-Facúltase a directora xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2001.

Manuela López Besteiro

Consellería de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

ANEXO I

IX Certame Galego de Poesía e Narración

Xuventude 2001 Francisco Fernández del Riego

para autores novos

I. Participantes.

1. Poden participa-los galegos ou residentes en Galicia, dos 10 ós 30 anos, que non teñan publicado ningún libro, feito que se xustificará mediante unha declaración xurada, establecéndose as seguintes categorías de idade:

Categoría A: nados entre os anos 1988-1991, ambos inclusive.

Categoría B: nados entre os anos 1984-1987, ambos inclusive.

Categoría C: nados entre os anos 1971-1983, ambos inclusive.

2. Establécense dúas modalidades para as tres categorías:

Poesía e narración.

3. Os concursantes deberán formula-la súa solicitude no impreso normalizado que se indica no anexo II e remitirán os seus traballos sen asinar datos persoais, identificándoos cun lema. O lema repetirase no exterior dun sobre pechado dentro do cal figurarán o boletín de inscrición que se indica no anexo III, cos datos persoais do concursante, xunto cunha fotocopia do seu DNI por ámbolos dous lados ou fotocopia do libro de familia na folla que corresponde ó participante e unha declaración xurada de non ter publicado ningún libro.

4. Os participantes remitirán os orixinais mecanografados a dobre espacio, en DIN A4 e a unha soa cara, indicando no sobre «Para o Certame Francisco Fernández del Riego». Poderán dirixi-los orixinais e o sobre pechado ó Servicio de Xuventude

da delegación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da provincia na que teñan establecida a súa residencia habitual ou na que radique o colexio, instituto ou asociación xuvenil no caso de grupos, podendo ser en:

R/ Ronda da Muralla, 70, 27003 Lugo.

Av. de La Habana, 81-baixo 32004 Ourense.

R/ Durán Loriga, 9-1º, 15003 A Coruña.

R/ Mª Berdiales 20-entrechán, 36203 Vigo.

Todo isto, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación será ata o 30 de xuño de 2001.

II. Desenvolvemento.

O certame obxecto da presente convocatoria desenvolverase a través da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de Lugo coa colaboración da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

De entre tódolos traballos presentados en cada provincia o xurado procederá a seleccionar aqueles que, pola súa calidade, os consideren merecedores dos correspondentes premios.

As notificacións das decisións do xurado, tanto favorables coma desfavorables, serán enviadas ós solicitantes nun prazo non superior a seis meses desde a publicación da presente orde no DOG.

En caso de non recibi-la notificación no antedito prazo poderase entender desestimada a solicitude presentada.

Sen prexuízo do anterior, no mes de novembro de 2001 na cidade de Lugo o xurado deste certame entregaránlle-los premios ós finalistas nas distintas categorías que se establecen nas bases.

As consellerías convocantes resérvanse o dereito de publicación dos traballos premiados neste certame, por calquera medio de difusión.

III. Premios:

Poesía.

1. Poemas escritos en lingua galega de tema e metro libre, cunha extensión máxima de 150 versos.

2. Establécense os premios seguintes:

Categoría A:

1º 25.000 pesetas, lote de libros en galego, figura de Sargadelos, diploma e unha bolsa para asistir gratuitamente a unha quenda de campamentos, organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, na campaña Verán-2002.

2º Lote de libros en galego, figura de Sargadelos e diploma.

3º Lote de libros en galego, figura de Sargadelos e diploma.

Categoría B:

1º 50.000 pesetas, lote de libros en galego, figura de Sargadelos, diploma e unha bolsa para asistir gratuitamente a unha quenda de campamentos ou campos de traballo, organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, dentro da campaña Verán-2002.

2º Lote de libros en galego, figura de Sargadelos e diploma.

3º Lote de libros en galego, figura de Sargadelos e diploma.

Categoría C:

1º 75.000 pesetas, lote de libros en galego, figura de Sargadelos, diploma e unha bolsa para asistir gratuitamente a unha quenda de campamentos ou campos de traballo, organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, dentro da campaña Verán-2002.

2º 50.000 pesetas, lote de libros en galego, figura de Sargadelos e diploma.

3º 25.000 pesetas, lote de libros en galego, figura de Sargadelos e diploma.

Narración.

1. Relatos en galego de tema libre, cunha extensión máxima de 5 folios DIN A4 mecanografados.

2. Establécense os premios seguintes:

Categoría A:

1º 25.000 pesetas, lote de libros en galego, figura de Sargadelos, diploma e unha bolsa para asistir gratuitamente a unha quenda de campamentos, organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, dentro da campaña Verán-2002.

2º Lote de libros en galego, figura de Sargadelos e diploma.

3º Lote de libros en galego, figura de Sargadelos e diploma.

Categoría B:

1º 50.000 pesetas, lote de libros en galego, figura de Sargadelos, diploma e unha bolsa para asistir gratuitamente a unha quenda de campamentos ou campos de traballo, organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, dentro da campaña Verán-2002.

2º Lote de libros en galego, figura de Sargadelos e diploma.

3º Lote de libros en galego, figura de Sargadelos e diploma.

Categoría C:

1º 75.000 pesetas, lote de libros en galego, figura de Sargadelos, diploma e unha bolsa para asistir gratuitamente a unha quenda de campamentos ou campos de traballo, organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, dentro da campaña Verán-2002.

2º 50.000 pesetas, lote de libros en galego, figura de Sargadelos e diploma.

3º 25.000 pesetas, lote de libros en galego, figura de Sargadelos e diploma.

Así mesmo, farase entrega, a cada un dos participantes nas distintas categorías e modalidades, dun diploma que acredite a súa participación neste certame.

Os premios obxecto desta convocatoria estarán suxeitos ás retencións correspondentes conforme a lexislación tributaria.

IV. Xurado.

O xurado será nomeado polos delegados provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Lugo, recaendo a secretaría nun funcionario da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de Lugo.

A xuízo do xurado, e segundo a calidade das obras presentadas, poderanse deixar desertos algúns premios.

As contías dos premios serán únicas e indivisibles.

A decisión do xurado será inapelable.