Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.718

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de abril de 2001 pola que se autoriza a transformación e cambio de denominación dos centros públicos específicos de educación permanente de adultos de réxime especial, en centros privados de educación de persoas adultas, que no anexo se relacionan.

Examinado o expediente iniciado pola representante da Congregación Relixiosas de María Inmaculada, polo que solicita a transformación e cambio de denominación dos centros públicos, de réxime especial, de educación permanente de adultos María Inmaculada da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo e Vigo en centros privados específicos de educación de persoas adultas.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo; Decreto 88/1999, do 11 de marzo (DOG do 13 de abril), polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros; Orde do 18 de xullo de 1997 (DOG do 31), pola que se autoriza a impartición de ensinanzas básicas iniciais (niveis I e II) en centros docentes de educación das persoas adultas na Comunidade Autónoma de Galicia; Orde do 18 de xullo de 1997 (DOG do 31), pola que se autoriza a determinados centros docentes públicos de educación de persoas adultas a imparti-las ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas conducentes ó título de graduado en educación secundaria.

Tendo en conta que os mencionados centros contaban coa correspondente autorización para imparti-las ensinanzas de educación permanente de adultos, referida ás ensinanzas establecidas na Lei 14/1970, do 14 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la transformación e cambio de denominación dos centros públicos, de réxime especial, María Inmaculada da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo e Vigo en centros privados, específicos de educación de persoas adultas, segundo os datos que figuran no anexo da presente orde.

Segundo.-Contra a presente disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: Santiago de Compostela, 1 bis.

Denominación: López y Vicuña II.

Código do centro: 15023983.

Titular: Congregación Relixiosas de María Inmaculada.-Composición resultante:

Educación básica de adultos:

Nivel I: 2 unidades.

Nivel II: 2 unidades.

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Enderezo: Rúa Nova, 9.

Denominación: López y Vicuña.

Código do centro: 15024100.

Titular: Congregación Relixiosas de María Inmaculada.-Composición resultante:

Educación básica de adultos:

Nivel I: 1 unidade.

Nivel II: 1 unidade.

Nivel III: 2 unidades.

Provincia: Lugo.

Concello: Lugo.

Localidade: Lugo.

Enderezo: Teniente Coronel Teijeiro, 4.

Denominación: López y Vicuña.

Código do centro: 27015190.

Titular: Congregación Relixiosas de María Inmaculada.-Composición resultante:

Educación básica de adultos:

Nivel I: 2 unidades.

Nivel II: 2 unidades.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Vázquez Varela, 57.

Denominación: López y Vicuña.

Código do centro: 36016905.

Titular: Congregación Relixiosas de María Inmaculada.-Composición resultante:

Educación básica de adultos:

Nivel I: 2 unidades.

Nivel II: 2 unidades.