Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.718

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de abril de 2001 pola que se prorrogan e se modifica a contía das bolsas para formación en temas de investigación mariña de técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao e ciclos formativos de grao superior convocadas no anexo V da Orde do 6 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo).

A orde conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 6 de marzo de 2000, pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e de bolsas correspondentes ó Programa de Investigación Mariña do Plan galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, no seu anexo V convocaba bolsas para formación en temas de investigación mariña de técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao e ciclos formativos de grao superior.

Na base 3.2º do anexo V da mencionada orde establécese que as bolsas poderán ser prorrogadas automaticamente por un novo período de doce meses.

Con base niso,

DISPONSE:

Artigo 1º

Prorróganse por un novo período de 12 meses, comprendidos entre maio de 2001 e abril de 2002, as bolsas concedidas polas resolucións conxuntas da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación do 9 de maio de 2000 (DOG do 24 de maio) e do 20 de xullo de 2000 ( DOG do 16 de agosto).

Artigo 2º

O importe das bolsas incluirá:

-Unha asignación total dun millón vinte mil pesetas (1.020.000 pesetas) aboables en 12 mensualidades de oitenta e cinco mil pesetas (85.000 pesetas) cada unha, nas que se aplicará a correspondente retención fiscal.

-Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes que se imputará á mesma aplicación orzamentaria que as bolsas.

Artigo 3º

Para estas bolsas destinarase ata un máximo de dez millóns oitenta mil pesetas (10.080.000 pesetas) con cargo á aplicación orzamentaria 12.04.432.A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma dos anos 2001 e 2002 (6.720.000 pesetas no ano 2001 e 3.360.000 ptas no ano 2002).

Disposición derradeira

Primeira.-A estas bolsas seranlles de aplicación as restantes normas relacionadas no anexo V da Orde do 6 de marzo de 2000.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2001.

Jaime Pita VarelaAmancio Landín Jaráiz

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Pesca,

e Administración PúblicaMarisqueo e Acuicultura