Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2001 Páx. 5.618

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da emenda de erros do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Construcciones y Reparaciones Galaico-Asturianas, S.A. (CYRGASA).

Visto o texto do acordo asinado o día 24 de xaneiro de 2001, pola comisión de interpretación e vixilancia do convenio colectivo para a empresa Construcciones

y Reparaciones Galaico-Asturianas, S.A. (CYRGASA) (código 2700232), da provincia de Lugo, integrada pola representación da citada empresa e a dos seus traballadores, mediante o que se acorda a emenda de erros no texto do convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 21 de febreiro de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Acta da comisión paritaria

Empresa CYRGASA-Centro de traballo de San Cibrao

Asistentes:

Representación da empresa:

José Ángel Corral Leciñana.

Antonio Íñigo Bartolomé.

José Luis García Alonso.

Representación dos traballadores:

José Ramón Fernández Rodríguez.

Amador García Villar.

Jorge Labrada Yanes.

En San Cibrao (Cervo-Lugo), ás oito horas do día 24 de xaneiro de 2001, reúnense as persoas á marxe citadas, membros da comisión de interpretación e vixilancia prevista no vixente convenio colectivo (disposición derradeira primeira). O obxecto da reunión é comunicarlle á Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Lugo, erros detectados na transcrición do convenio desta empresa ó idioma galego.

Ámbalas dúas partes acordan por unanimidade comunicarlle á citada delegación o texto corrixido dos artigos 19 e elevalo a definitivo, segundo o texto seguinte:

Artigo 19º.-Pezas de roupa de traballo e aseo.

O primeiro parágrafo debe quedar redactado do seguinte xeito:

«O traballador terá dereito a dúas fundas ou traxes de traballo, a escolla do traballador, por cada ano de servicio prestado e a un terceiro en caso de necesidade, así como á entrega de dúas toallas por ano. Ó persoal de novo ingreso faráselle entrega de igual

dotación das dúas fundas ou traxes no momento da súa contratación, sempre que esta sexa igual ou superior a seis meses».

E en proba de conformidade, asinan os asistentes á reunión no lugar e data ut supra.

Rubricado