Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2001 Páx. 5.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2001 pola que se somete a trámite de información pública o documento de avaliación ambiental do proxecto de modificación de características do aproveitamento hidroeléctrico de Mezonzo, no río Tambre, solicitada por Unión Fenosa Generación, S.A., sito nos concellos de Vilasantar e Boimorto, provincia da Coruña. (Expediente 6/204/18).

En cumprimento do disposto no artigo 2º, punto 4, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese o estudio de efectos ambientais do proxecto de modificación de características do aproveitamento hidroeléctrico de Mezonzo ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os escritos nos que se formulen alegacións poderanse presentar no rexistro xeral de Augas de Galicia,

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9; San Caetano, 15781-Santiago de Compostela, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 do novembro, dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os que se consideren interesados terán á súa disposición para os devanditos efectos informativos, copia da petición e da documentación ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina nas seguintes dependencias administrativas:

-Augas de Galicia. Demarcación Centro. Praza Camilo Díaz Valiño, s/n (Estación de Autobuses), 15781-Santiago de Compostela.

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, rúa dos Feáns 1-3; 15706-Santiago de Compostela.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da Coruña. Praza Luís Seoane, s/n; 15008-A Coruña.

-Concello de Vilasantar: r/ Ru, 15807-Vilasantar (A Coruña).

-Concello de Boimorto: Rúa Vilanova, 15818-Boimorto (A Coruña).

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2001.

Agustín Hernández-Fernández de Rojas

Presidente de Augas de Galicia