Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2001 Páx. 5.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da iniciación do expediente sancionador de caza C-100/2000, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación as iniciacións dos correspondentes expedientes sancionadores por infracción da Lei 4/1997, de caza en Galicia, do 25 de xuño (DOG do 11 de xullo).

Noméase instructora do procedemento a Paloma Quiroga López e secretaria a Marta Joaquín Tersado, funcionarias da Xunta de Galicia. A resolución será acordada polo director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro,DOG do 8 da xaneiro de 1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 70, e presenta-las alegacións e documentos que considere convenientes na súa defensa; así como para a recusación das persoas designadas

como instructora e secretaria en calquera momento da tramitación do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

Lugo, 21 de marzo de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: C-100/2000.

Denunciado: Emilio Fernández Abelaira.

DNI: 34.254.759.

Enderezo: Sobrelle Piñeiró. O Saviñao. Lugo.

Feitos imputados: facer uso indebido da escopeta en zona de seguridade, ó efectuar dous disparos desde a ponte de Piñeira, marxe esquerda, despois de apearse dun vehículo marca Nissan, modelo Patrol, matrícula CS-7262-L, abatendo tres patos. Feitos constatados o día 17-12-2000 ás 14 h aproximadamente, en Pereira-Piñeira. Monforte de Lemos. Lugo.

Preceptos infrinxidos: 58.33º da Lei 4/1997, de Caza en Galicia.

Calificación infracción: grave.

Sanción: 100.001 pesetas.

Indemnización por danos e prexuízos de 15.000 pesetas.

Inhabilitación para obte-la licencia de caza e para o exercicio deste actividade por un período dun ano e un día.