Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2001 Páx. 5.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-172/2000, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992 de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente; de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

ANEXO

Expediente nº: P-172/2000.

Denunciado: Manuel González Fernández.

DNI: 10.038.987.

Enderezo: Robles de Laciana. Villablino. León.

Feito denunciado: non respecta-las limitacións de tamaño fixadas pola Consellería de Medio Ambiente, ó capturar 9 troitas de tamaño inferior ó regulamentario (2-18 cm; 5-15 cm; 1-14 cm; 1-13,6 cm). Feitos constatados o día 11-8-2000 no río Ibias-Negureira de Muñiz. A Fonsagrada. Lugo.

Precepto sancionador: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca en Galicia.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 10.000 pesetas de multa.

Indemnización por danos e perdas de 13.000 pesetas.

Lugo, 20 de marzo de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo