De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.
O pagamento voluntario poñerá fin ó expediente; de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións consideren pertinentes.
O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8 de xaneiro de 1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.
Lugo, 20 de marzo de 2001.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Expediente nº: P-257/2000.
Denunciado: Javier Rodríguez Caride.
DNI: 34.985.796.
Enderezo: Santa Baia, nº 7, Ourense.
Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial en día inhábil (luns non festivo). Feitos constatados o día 2-8-2000, ás 18.29 h no encoro de Belesar-río Miño-Sabadelle. Chantada, Lugo.
Precepto sancionador: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.
Cualificación da infracción: leve.
Sanción: 15.000 pesetas de multa.