Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2001 Páx. 5.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente C-49/2000, incoado por infracción da Lei de caza e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 4/1997, de caza en Galicia, do 25 de xuño (DOG do 11 de xullo).

O pagamento voluntario poñerá fin ó expediente; de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións consideren pertinentes.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8 de xaneiro de 1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 14 de marzo de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº: C-49/2000.

Denunciado: José Fernández Cabado.

DNI: 33.857.993-S.

Enderezo: Santo Grial, nº 151-3º D, Lugo.

Feito denunciado: transportar no interior dun vehículo, matrícula LU-7669-P a arma desenfundada, montada e lista para o seu uso, en época hábil. Feitos constatados o día 15-10-2000 ás 11.45 h no couto Ribeira do Miño; LU-10.189. Guntín, Lugo.

Precepto sancionador: 57.33º da Lei 4/1997, de caza en Galicia.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 10.000 pesetas de multa.