Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2001 Páx. 5.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2001 pola que se declara extinguido o permiso de actividade e concesión administrativa da estación depuradora mariña situada na Pasaxe, As Xubias, municipio da Coruña, titularidade de Depuradora de Mariscos Coruñesa, S.A.

Visto o expediente de caducidade número C-1094, instruído contra o permiso de actividade e concesión administrativa da estación depuradora situada na Pasaxe, As Xubias, municipio da Coruña, da que é titular Depuradora de Mariscos Coruñesa, S.A.

1. Feitos.

Con data do 12-11-1999 foi ordenado pola Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura na Coruña o inicio do expediente de caducidade da antedita concesión e permiso de actividade por non ter solicitada a prórroga do título habilitante dentro do prazo legalmente establecido.

O acordo de inicio do expediente de caducidade e o nomeamento de instructor e secretario do dito expediente foille comunicado ó interesado con data do 17-11-1999 e posteriormente devolto polo servicio de correos.

O anterior acordo foi publicado con data do 14-2-2000 no Diario Oficial de Galicia e exposto no taboleiro de anuncios do concello do último domicilio coñecido da citada sociedade o 31-1-2000.

A proposta de resolución do expediente de caducidade foille comunicada ó interesado con data do 16-3-2000 e posteriormente devolto polo servicio de correos.

A citada proposta estivo exposta no taboleiro do Concello da Coruña, último domicilio coñecido do titular da concesión, no período comprendido entre o 13 de abril e o 4 de maio do 2000 e publicada

no Diario Oficial de Galicia o día 9-5-2000 sen que, transcorrido o prazo legal, se presentasen alegacións.

2. Fundamentos de dereito.

Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Lei 22/1988, do 29 de xullo, de costas.

Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre.

Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas e demais disposicións de pertinente aplicación.

Considerando que:

É causa de caducidade establecida no artigo 72 c) da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, non ter solicitada a prórroga en tempo e forma.

O informe favorable emitido polo Servicio Técnico Xurídico con data do 28 de febreiro de 2001.

Esta consellería, á vista da proposta de resolución emitida polo instructor do expediente,

RESOLVE:

Extingui-lo permiso de actividade e concesión administrativa do seguinte establecemento de cultivos mariños:

Tipo: estación depuradora.

Titular: Depuradora de Mariscos Coruñesa, S.A.

Localización: As Xubias, A Pasaxe. Municipio da Coruña.

Especies: moluscos.

Superficie: 1.830 m.

Orde de outorgamento: 16-1-1969.

Fin da vixencia: 16-1-1999.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contecioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2001.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246,

do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura