Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2001 Páx. 5.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/73-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do R.D. 1955/2000,, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Picota-Santa Mariña Alfaya.

Situación: Redondela.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 560 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio para substituír na L.M.T.A. Redondela-Ventosela, entrando no C.T. de Santa Mariña Alfaya, para subtituír, e ata o C.T. existente de Santa Mariña e desde o C.T. Picota ata a L.M.T.S. alameda-campo de fútbol, no concello de Redondela. C.T. de 250 kVA, R.T. 15 kV-380/220 V. Reforma do C.T. Picota.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 27 de febreiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra