Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2001 Páx. 5.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/67-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., c. seccionamento e R.B.T. saída Tui-Atios-A Manteigada.

Situación: Tui.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 170 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, desde un apoio metálico da L.M.T.A. ATI 7.10, ata un apoio proxectado tipo HVH-3500/13. L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 530 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o final da liña aérea anterior alimentando en bucle ó c. de seccionamento proxectado Magnolia e ó C.T. proxectado Seat na zona da Manteigada, rematando nun apoio existente tipo 4500/16. L.M.T., subterránea, de 65 m, desde o c. de seccionamento Magnolia ata empalmar coa L.M.T.S. existente ó C.T. Magnolia. C.T. de 160 kVA, R.T. 15 kV-380/220 V, nomeado Seat na Manteigada. C. seccionamento Magnolia con tres celas de liña. R.B.T., subterránea, de 45 m, con conductor tipo R.V. Concello de Tui.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 27 de febreiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra