Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2001 Páx. 5.577

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 11 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, o estudio de impacto ambiental e a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións electromecánicas que se citan. (Expediente IN661A 11/2000).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310), Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188), Real decreto lei 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental (BOE nº 241), Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia surpramunicipal (DOG nº 75) e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia (DOG nº 136), sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, o estudio de impacto ambiental e a aprobación do proxecto

sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións electromecánicas que se citan:

Solicitante: Endesa Cogeneración y Renovables, S.A.

Domicilio social: r/ O Castiñeiriño, 12, 3º, 15702-Santiago de Compostela.

Denominación: parque eólico de Pico Cerdeira.

Municipios afectados: Cerceda e A Laracha (A Coruña).

Características técnicas:

-Potencia que se vai instalar: 24,42 MW.

Coordenadas:

V: (X=538.100; Y= 4.783.000).

V: (X=540.950; Y= 4.782.050).

V: (X=540.800; Y= 4.781.000).

V: (X=539.000; Y= 4.779.500).

V: (X=538.100; Y= 4.779.410).

-37 aeroxeradores de 669 kW de potencia nominal unitaria montados sobre fuste tubular metálico de 45 m de altura e rotores de 3 pas de 46 m de diámetro.

-37 transformadores, situados no interior dos fustes de 700 kVA e tensións de 0,69/20 kV.

-Rede eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV realizada en conductor R.H.Z.1 15/20 kV 3x1x(1x240) mm Al para interconexión dos aeroxeradores e estes coa subestación transformadora.

-Subestación transformadora 20/220 kV equipada con transformador de 26 MVA e relación de transformación 20/220 kV, transformador de servicios auxiliares de 50 kVA e relación 20/0,420 kV, aparellaxe de medida, protección, telemando e telecontrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15701-A Coruña, no prazo de trinta días, a partir da última publicación.

O estudio de impacto ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de Pico Cerdeira poderase examinar nos concellos de Cerceda e A Laracha e nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Medio Ambiente e de Industria e Comercio da Coruña.

Así mesmo, o proxecto sectorial do parque eólico de Pico Cerdeira poderase examinar nos citados concellos e nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, dentro do prazo sinalado anteriormente.

A Coruña, 11 de abril de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña