Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do R.D. 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e reforma C.D. Carolinas-Ibesca.
Situación: Vilagarcía de Arousa.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 472 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a subestación Carolinas (posición interruptor 806) ata o c. de distribución Ibesca, no concello de Vilagarcía de Arousa. Reforma centro de distribución con tres celas de liña CML.SF6.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 27 de febreiro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra