Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2001 Páx. 5.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2001 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das subministracións de clave SC/01/014.8 e dúas máis.

a) Subministracións.

1. Adquisición de dous (2) vehículos turismo gasóil, encadrados no grupo E para as delegacións provinciais da Coruña e Ourense, dependentes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia.

Clave: SC/01/014.8

Orzamento: catro millóns cincocentas oitenta mil pesetas (4.580.000), equivalentes a (27.526,35 euros).

Prazo de entrega: 1 mes

Garantía provisional: non se esixe

A solvencia económica e financeira acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica acreditarase segundo o disposto no artigo 18 d) do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas nos termos precisados na cláusula 2.2.5 do prego.

2. Adquisición de dous (2) vehículos furgóns combi 6 gasóil, encadrados no grupo E para as delegacións provinciais de Lugo e Pontevedra, dependentes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia.

Clave: SC/01/015.8

Orzamento: cinco millóns cincocentas oitenta mil pesetas (5.580.000), equivalentes a (33.536,48 euros).

Prazo de entrega: 1 mes

Garantía provisional: non se esixe

A solvencia económica e financeira será acreditada por calquera dos medios previstos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica acreditarase segundo o disposto no artigo 18 d) do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas nos termos precisados na cláusula 2.2.5 do prego.

3. Adquisición de sete (7) vehículos turismo comerciais gasóil, encadrados no grupo E para as delegacións provinciais da Coruña e Pontevedra, dependentes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia.

Clave: SC/01/017.8

Orzamento: nove millóns oitocentas corenta mil pesetas (9.840.000), equivalentes a (59.139,59 euros).

Prazo de entrega: 1 mes

Garantía provisional: non se esixe

A solvencia económica e financeira será acreditada por calquera dos medios previstos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica acreditarase segundo o disposto no artigo 18 d) do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, nos termos precisados na cláusula 2.2.5 do prego.

(Declaradas urxentes consonte o artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información 981 54 49 86

Así mesmo, poderanse obte-los pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.

E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2. Teléfono 981 58 89 38

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de adxudicación.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións

As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que

non coincida en sábado, domingo ou festivo seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás once horas do décimo quinto día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6, Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes: non se admiten.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda