Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2001 Páx. 5.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 22 de marzo de 2001, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, polo que se dá publicidade á apertura do prazo de información pública do expediente sobre a sucesión intestada, a favor da Comunidade Autónoma, de Gloria Cortés Arizaga, veciña da Coruña.

O 14 de febreiro de 2001 o Xulgado de Primeira Instancia número catro da A Coruña dictou un auto no que declarou á Comunidade Autónoma de Galicia herdeira legal de Gloria Cortés Arizaga.

A Comunidade Autónoma galega tomou posesión dos bens hereditarios conforme o disposto no artigo 8.1º do Decreto 94/1999, do 25 de marzo, que regula a sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma.

Segundo o artigo 153.2º da Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia, os ditos bens serán destinados a establecementos de asistencia social ou a institucións de cultura, preferentemente radicados na residencia habitual da persoa falecida, e en todo caso, en territorio galego.

En consecuencia, faise público o seguinte anuncio:

En exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral e do Patrimonio nos artigos 7 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 4.1º b), do Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda, de acordo co disposto no artigo 10 do citado Decreto 94/1999, ábrese o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que os posibles beneficiarios dos bens da sucesión intestada de Gloria Cortés Arizaga falecida o 17 de marzo de 1996 formulen alegacións perante a Consellería de Economía e Facenda.

O expediente poderá examinarse na Subdirección Xeral do Patrimonio, con enderezo en Área Central, rúa Varsovia nº 4 C, 1ª planta oficina 7N de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2001.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda