a) Obra.
1. Proxecto de construcción da obra de alargamento e mellora da estrada LU-612 Lugo-Portomarín. Treito: Mougán-Río Ferreira
Clave: N/LU/90.4.3.1.
Orzamento: douscentos cincuenta millóns duascentas sesenta e tres mil duascentas trinta e unha (250.263.231) ptas., equivalentes a (1.504.112,31 E).
Prazo de execución: 18 meses.
Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.
Garantía provisional: non se esixe.
(Declarada urxente consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).
b) Documentos de interese para os licitadores.
O pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á dis
posición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información 981 54 49 86.
Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.
E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2, teléfono 981 58 89 38.
c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixirase a garantía provisional indicada na alínea a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do presuposto de contrata.
A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
d) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
f) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
g) Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.
h) Variantes: segundo o especificado na alínea F, do cadro de características.
i) Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe do presente anuncio será por conta do adxudictario.
Santiago de Compostela, 18 de abril de 2001.
P.D. (Orde 13-12-1993)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda