Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2001 Páx. 5.566

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2001 pola que se anuncian os actos en conmemoración do Día das Letras Galegas.

En execución do plan de actividades da Egap para o ano 2001, a EGAP anuncia a celebración dos actos en conmemoración do Día das Letras Galegas conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Con motivo de declara-la Real Academia Galega o Día das Letras Galegas de 2001 dedicado a Eladio Rodríguez González, a EGAP súmase, como institución pública galega, á homenaxe deste galego insigne, organizando unha mesa redonda sobre a súa vida e obra. Esta acción formativa completarase cunha viaxe de interese cultural.

2. Destinatarios.

Na mesa redonda poderá participa-lo persoal das administracións públicas e calquera outra persoa interesada. Á viaxe cultural terá acceso só o persoal ó servicio de calquera das administracións públicas de Galicia (ata 40 prazas); no caso de presentarse máis solicitudes que prazas terá preferencia o persoal da Xunta de Galicia. A inscrición na viaxe implica a obrigatoriedade de asistir á mesa redonda.

3. Desenvolvemento.

3.1. Mesa redonda:

Data: 10 de maio.

Hora: de 13 a 14.30 h.

Lugar: EGAP.

3.2. Viaxe cultural.

Data: 17 de maio.

Para coñece-lo desenvolvemento da viaxe e para todo tipo de información, haberá que contactar co Servicio de Estudios, Investigación e Publicacións. Teléfono: 981 54 62 49.

4. Inscrición.

As solicitudes, segundo o modelo oficial que figura ó final desta convocatoria, irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

As solicitudes deberán entrar no rexistro da EGAP antes das 10 h do día 10 de maio.

5. Publicación e notificación da selección.

A partir do 10 de maio os solicitantes poderán obte-la confirmación da súa selección chamando por teléfono á EGAP en días laborais de 12 a 14 horas ó número 981 54 62 49 ou ben consultando a lista de seleccionados que se exporá no taboleiro de anuncios deste centro.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2001.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública