Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de marzo de 2001, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da L.A.T. 220 kV Vimianzo-Mazaricos.

En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 15 de marzo, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia, o acordo

adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 8 de marzo de 2001, que ten como parte dispositiva o seguinte texto literal:

1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da L.A.T. 220 kV Vimianzo-Mazaricos.

2. De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de xuño de 2000, polo que se declara a incidencia supramunicipal do proxecto L.A.T. 220 kV Vimianzo-Mazaricos, o planeamento dos Concellos de Mazaricos, Vimianzo e Dumbría queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2001.

Ramón Ordás Badía.

Director xeral de Industria