Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Electra de Viesgo I, S.A.
Domicilio social: r/ Medio, 12, 39080 Santander.
Denominación: L.M.T. (15/20 kV) ó C.T.I. de Riodeporcos.
Situación: A Fonsagrada e Negueira de Muñiz.
Descricións técnicas: liña de alta tensión a 12/20 kV en conductor LA-56 e LA-110 sobre apoios metálicos de 1.135 m de lonxitude. Centro de transformación de 50 kVA e relación 20.000/380-220 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do
día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
Lugo, 5 de marzo de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo