Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 16 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e o estudio de impacto ambiental das instalacións electromecánicas que se citan. (Expediente IN661A-8/1999).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285) do sector eléctrico, Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310), Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 1888), Real decreto lei 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación do impacto ambiental (BOE nº 241) e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamente da enerxía eólica en Galicia (DOG nº 136), sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e o estudio de impacto ambiental das instalacións electromecánicas que se citan:

Solicitante: Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.

Enderezo social: r/ Betanzos, 1, 1ºI, 15004-A Coruña.

Denominación: parque eólico do Vilán.

Municipios afectados: Camariñas (A Coruña).

Descricións técnicas:

-Potencia que se vai instalar: 20,8 MW.

-Coordenadas:

V: (X=482.500; Y=4.779.000).

V: (X=486.000; Y=4.779.000).

V: (X=486.000; Y=4.779.000).

V: (X=485.000; Y=4.777.000).

V: (X=483.000; Y=4.776.500).

-16 aeroxeradores Bazan Bonus de 1.300 kW de potencia nominal unitaria montados sobre fuste tubular metálico de 68 m de altura e rotores de 3 pas de 62 m de diámetro.

-16 transformadores, situados no interior dos fustes de 1.600 kVA e tensións de 0,69/20 kV.

-Rede eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV realizada en conductor R.H.V. 12/20 kV 3x1x(1x240) mm Al para interconexión dos aeroxeradores e estes coa subestación transformadora.

-Subestación transformadora 20/66 kV equipada con transformador de potencia de 30 MVA e relación de transformación 20/66 kV, transformador de servicios auxiliares de 100 kVA e relación 20/0,420 kV, aparellos de medida, protección, telemando e telecontrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15701-A Coruña, no prazo de trinta días, a partir da derradeira publicación.

Así mesmo, o estudio de impacto ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico do Vilán poderase examinar no Concello de Camariñas e nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Medio Ambiente e de Industria e Comercio da Coruña, dentro do prazo sinalado anteriormente.

A Coruña, 16 de abril de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña