Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 13 de marzo de 2001, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-01377-O-2000 e catro máis).

Pola presente cédula notifícanselles ós/as denunciados/as, cos datos e últimos domicilios coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se sinalan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa de Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo e, de non facelo así, procederase ó seu cobro por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común de (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro (BOE 14 de xaneiro).

E para que conste e sirva de notificación ós/as denunciados/as, de domicilios descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999 citada anteriormente expido, asino, e selo a presente cédula en Pontevedra, 13 de marzo de 2001.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-01377-O-2000

M-3821-US

G.C. de Tráfico

Portoflor, S.L.

Arenal, 140, Vigo (Pontevedra)

Circular cun vehículo de aluguer sen conductor non levando a bordo o contrato de arrendamento. Circular transportando 14 caixas de caraveis e outras 14 de xerbera, carecendo da tarxeta de transportes. Circula coa inspección técnica caducada desde o día 19-5-1999. Servicio privado.

2-5-2000; 11.45; C-550; 190,200

Artigo 103 da Lei

16/1987 e artigo 158 do

R.D. 1211/1990. Artigo

17 da Orde do 20 de xullo

de 1995, sobre o arren-

damento de vehículos sen

conductor (BOE nº 183,

do 2 de agosto)

Artigo 143 da Lei

16/1987, 201 do

R.D.1211/1990.

Artigo 143 da Lei

16/1987, 201 do

R.D. 1211/1990.

35.000 ptas.
PO-01550-O-2000

PO-5506-BB

G.C. de Tráfico

Jesús Manuel López Gómez

Juan B. Andrade, 115, 1º D, Pontevedra

Realizar transporte privado complementario de mercadorías carecendo de autorización administrativa.

25-5-2000; 17.20; C-550; 198

Artigo 103 da Lei

16/1987 e artigo 158 do

R.D. 1211/1990

Artigo 143 da Lei

16/1987, 201 do

R.D. 1211/1990

25.000 ptas.
PO-01607-O-2000

PO-9653-AV

G.C. de Tráfico

Maderas Bahía Vigo, S.L.

Alcalde Portanet, 22

36201 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando unha carga completa de paneis de madeira para portas, non tendo o visado da autorización no prazo determinado pola Administración. Servicio privado complementario.

19-5-2000; 6.45; C-550; 64,500

Artigo 199.b) do R.D.

1211/1990

Artigo 143 da Lei

16/1987, 201 do

R.D. 1211/1990

5.000 ptas.
PO-01613-O-2000

PO-7942-AU

G.C. de Tráfico

Teixeira Flor, S.L.

O Viso, 110

36810 Redondela (Pontevedra)

Realizar un transporte de flores desde Pontevedra a Redondela, carecendo da tarxeta de transportes. Servicio privado complementario.

30-5-2000; 19.42; N-550; 130,300

Artigo 103 da Lei

16/1987 e artigo 158 do

R.D. 1211/1990

Artigo 143 da Lei

16/1987, 201 do

R.D. 1211/1990

25.000 ptas.
PO-02137-O-2000

PO-1657-BS

G.C. de Tráfico

Aquilino Jiménez Salazar

Torneiras tercera fase, 20

36400 O Porriño (Pontevedra)

Realizar transporte privado complementario de mercadorías carecendo de autorización administrativa. (Transporta roupa desde O Porriño a Tui).

24-8-2000; 9.10; N-550; 167,500

Artigo 199.b) do R.D.

1211/1990

Artigo 143 da

Lei 16/1987,

201 do R.D.

1211/1990

5.000 ptas.