Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.506

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 20 de marzo de 2001, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan acordos de resolución de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (César Cossío Roldán e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de resolución de recursos de reposición pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regulamenta o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con domicilio na rúa Progreso, 38-ent, Ourense, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 20 de marzo de 2001.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

InteresadoProcedemento

César Cossío Roldán

NIF: 14.596.537-R

Barrio de Altamira, 35

Bilbao

Resolución recurso reposición

Expte.: OU-1188-O-1998

Nº recurso: 90/2000

Desestimado

Alejandro Barreiros Ríos

NIF: 44.460.415-N

R/ Luis Trabazo, 5

Ourense

Resolución recurso reposición

Expte.: factura nº 9901559

Nº recurso: 110/2000

Desestimado

Rita Fernández Rodríguez

NIF: 76.711.684-Z

Pereira-Entrimo

Ourense

Resolución recurso reposición

Expte.: S.13-96 Sanción C. de Agricultura.

Nº recurso: 44/2000

Desestimado

Manuel María Araújo Fernández

NIF: 34.912.714-W

Mateo Prado, 6

Ourense

Resolución recurso reposición

Factura nº: 973159 Sergas

Nº recurso: 57/2000

Desestimado