Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2001 pola que se convoca a contratación, mediante concurso aberto, para a adquisición de uniformes para persoal subalterno da Consellería da Presidencia e Administración Pública e conductores do Parque Móbil da Xunta de Galicia.

1. Obxecto: adquisición de vestiario para os subalternos da Consellería da Presidencia e Administración Pública e conductores do PMX.

2. Orzamento: 6.774.163 pesetas (40.713,54 euros).

3. Garantía provisional: 135.483 pesetas (814,27 euros).

4. Garantía definitiva: 4% sobre o importe da adxudicación.

5. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela.

6. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión será de quince días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

7. Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano), ás dez horas do terceiro día natural, contado desde o seguinte ó termo do prazo para presenta-las ofertas. Se este fose inhábil, realizarase o seguinte primeiro día hábil.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que o aboará con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2001.

P.D.(Orden 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública