Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2001 pola que se convoca, mediante concurso aberto, con carácter de urxencia, a contratación dunha consultoría e asistencia para o asesoramento na realización da planificación, organización, execución e control das eleccións ó Parlamento de Galicia 2001.

1. Obxecto: asesoramento na realización da planificación, organización, execución e control das eleccións ó Parlamento de Galicia 2001.

2. Orzamento: 40.000.000 de pesetas, equivalentes a 240.404,84 euros.

3. Garantía provisional: 800.000 pesetas, equivalentes a 4.808,09 euros. A constitución da garantía provisional deberá realizarse de conformidade co dis

posto no artigo 35.1º do texto refundido da Lei de contratos das administraciones públicas.

4. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

5. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela e no enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=.302.

6. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobres pechados e lacrados, no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, situado na planta baixa do edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión será de oito días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

7. Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do terceiro día natural, contado desde o seguinte ó do termo do prazo para presenta-las ofertas. Se este coincidise en sábado ou día inhábil, a apertura celebrarase o seguinte primeiro día hábil.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que o aboará con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública