Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2001 pola que se convoca concurso, polo procedemento aberto, do expediente de gasto do servicio de administración da Plataforma Informática da Xunta de Galicia.

1. Obxecto: contratación do servicio de administración da Plataforma Informática da Xunta de Galicia.

2. Orzamento de licitación: 88.350.000 pesetas, IVE incluído.

3. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2001.

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación Informática da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na Casa da Radio, s/n, San Caetano, en Santiago de Compostela, teléfono 981 54 52 58, fax 981 54 52 74.

A documentación poderá solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.A.L., en r/ Praza de Mazarelos, 14, baixo, 15703 Santiago de Compostela, teléfono 981 58 54 55, fax 981 55 20 61 mediante o aboamento do importe que corresponda.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

5. Fianza provisional: 1.767.000. pesetas.

6. Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

7. Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión de proposicións rematará ás catorce horas do día 31 de maio de 2001.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto:

«Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación do servicio de administración da Plataforma Informática da Xunta de Galicia, que presenta D./Dona... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

9. Apertura de proposicións: en acto público nunha das salas de xuntas da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano,), a partir das 13 horas do día 5 de xuño de 2001.

O importe do anuncio relativo ó presente concurso será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con anterioridade á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública