Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.503

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (820/2000).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos

autos número 820/2000, seguidos pola instancia de María Rocío Ruíz Martínez contra Agustín López Barrero, sobre salarios; a maxistrada xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 21-3-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda interposta por María Rocío Ruíz Martínez, contra a empresa Agustín López Barreiro, debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento á demandante da suma de 177.738 pesetas, con absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidese corresponderlle.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando e na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para quelle sirva de notificación á empresa Agustín López Barreiro, que tivo o seu último enderezo coñecido en rúa Mosteiro de Caaveiro, 7, baixo, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 21 de marzo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado