Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.503

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (25/2000).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 25/2000 se dictou a presente sentencia, que no encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela, o día vintenove de setembro de dous mil.

Jorge Ginés Cid Carballo, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia e Instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público a presente causa, xuízo de faltas 25/2000, seguida por unha falta de estafa contra María Esther Rodríguez Gómez, e tendo sido parte nela o Ministerio Fiscal e denunciante Carmen Mújico García

Decido que debo absolver e absolvo María Esther Rodríguez Gómez da falta de estafa da que estaba acusada, con declaración de custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado, para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, o pronuncio, mando e asino».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a María Esther Rodríguez Gómez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela no vinteseis de marzo de dous mil un.

A secretaria

Rubricado