Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2001, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun inmoble sito en Ourense, para situar dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer público que, por razón das necesidades do servicio que se vai satisfacer e das limitacións do mercado inmobiliario, xustifícase, logo da fiscalización da intervencióin delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería

de Industria e Comercio, a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun inmoble sito na rúa Cardenal Quevedo nº 12 baixo, de Ourense, para instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2001.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio