Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.499

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 9 de abril de 2001 pola que se clasifican postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional do Concello de Toén (Ourense).

O Concello de Toén (Ourense), en sesión do Pleno celebrada o día 22 de febreiro de 2001, adoptou o acordo relativo á creación do posto de colaboración de adxunto á Secretaría-Intervención, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, propoñendo a súa clasificación en clase terceira.

O artigo 2. g) do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, establece que os postos de colaboración poden ser creados discrecionalmente polas corporacións locais e ser clasificados por proposta daquelas administracións polo órgano competente da Comunidade Autónoma.

Por todo isto, en aplicación do establecido nos artigos 2. g) e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso da atribución do artigo 13.2º 17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, en relación co artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Adminsitración local de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

O posto de traballo de adxunto á Secretaría-Intervención do Concello de Toén (Ourense), clasifícase en clase terceira (3ª), reservándose a funcionarios/as de administración local con habilitación de carácter nacional da subescala de Secretaría-Intervención.

Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela 9 de abril de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública