Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno do Concello, na súa sesión con data do 13-3-2001, a modificación do sistema de actuación, de compensación a cooperación, previsto nas normas subsidiarias de planeamento de ámbito municipal de Redondela para os solos industriais de estación-1 e estación-2, na parroquia de Cedeira, sométese o expediente á información pública polo prazo dun mes contado a partir do seguinte día ó da derradeira publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou BOP.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos/as propietarios/as interesados/as directamente afectados/as.

Redondela, 15 de marzo de 2001.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde