Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Servicios Comunitarios.

c) Número de expediente: 39/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concesión de bens de uso público municipal na Alameda, para a colocación de postos durante as festas do Apóstolo e da Ascensión do ano 2001.

b) Lugar de execución: parque e paseos da Alameda (Santiago de Compostela).

c) Prazo de execución: desde o 19 de maio ó 3 de xuño durante as festas da Ascensión e do 14 de xullo ó 31 de xullo durante as do Apóstolo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 17.500.000 pesetas (105.177,11 euros), como mínimo, realizándose as ofertas á alza.

5. Garantías.

Provisional: 500.000 pesetas (3.005 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Documentación: Copy Estudio, Rúa Nova de Abaixo, 19-21. 15706 Santiago de Compostela. Teléfono e fax: 981 59 33 85.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Contratación). Praza de Obradoiro, 1. 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 23 75 e fax: 981 57 76 27.

Data límite de obtención de documentos e información: 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación realizada no BOP da Coruña e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días natuarais contados a partir do día seguinte ó da última publicación realizada no BOP e no DOG.

b) Documentación que integrará ás ofertas: a especificada na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Santiago de Compostela (rexistro xeral).

2ª Domicilio: rúa da Trindade, 1 (pavillón da Trinidade).

3ª Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Santiago de Compostela (secretaría).

b) Domicilio: praza do Obradoiro, 1.

c) Localidade: 15705 Santiago de Compostela.

d) Data: segundo día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

9. Outras informacións: antes do día 15 de maio de 2001 deberá depositarse na tesourería municipal o total do prezo de adxudicación. O incumprimento desta obriga poderá levar consigo unha sanción de 150.000 pesetas diarias de multa por cada día e a resolución do contrato ós tres días do atraso.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2001.

P.D.

Luis Toxo

Tenente alcalde