Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2001 pola que se anuncia a licitación das obras de actuación número 6 do Plan de mobilidade peonil da rúa Fernández Villaverde.

1. Entidade adxudicadora: concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno. b) Dependencia tramitadora: Servicio de Contratación.

2. Obxecto: a) Obxecto: execución das obras do proxecto. b) Prazo: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma: ordinaria, aberto, poxa.

4. Orzamento da licitación: 25.641.049 pesetas, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

6. Garantías: a) Provisional: 512.821 pesetas. b) Definitiva: 4% da adxudicación.

7. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación. Praza de España. Pontevedra 36071. Tlf./fax: 986 80 43 00/86 01 02. b) Data límite de obtención de documentación: vinteseis (26) días naturais a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

8. Presentación das ofertas: a) Data límite: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. b) Documentación: cláusula 12ª do prego. c) Lugar: rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas.

9. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó do remate do prazo para a presentación das ofertas, ás 9 horas na sala de xuntas.

Pontevedra, 4 de abril de 2001.

Raimundo González Carballo

Tenente alcalde delegado da Área

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral