Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

ANUNCIO.

Mediante resolución desta Alcaldía, con data do 22 de xaneiro de 2001, acumúlanse á quenda libre as prazas de persoal laboral incluídas na ampliación da oferta de emprego público do ano 1999, denominadas: director pedagóxico e director parque aula natureza, de conformidade coas bases insertas no BOP nº 145, do 31 de xullo de 2000.

En consecuencia, ábrese un prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para optar ás prazas mencionadas, coa finalidade de que os interesados presenten as solicitudes e demais documentos (de acordo co artigo 5 das ditas bases), no rexistro xeral do concello ou ben na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992. As bases para a súa consulta están á disposición dos interesados na secretaría do concello.

Ponteareas, 24 de xaneiro de 2001.

María Nava Castro Domínguez

Alcaldesa