Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2001, da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, pola que se anuncia o concurso público 1/2001 por lotes, para a contratación do servicio de desprazamento do persoal de urxencias extrahospitalarias.

A Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegacións de competencias en órganos centrais ou periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público por lotes polo procedemento aberto, trámite de urxencia, para a contratación do servicio de desprazamento do persoal de urxencias extrahospitalarias.

1. Obxecto e orzamento.

1.1. Contratación do servicio de desprazamento do persoal de urxencias extrahospitalarias concurso público 1/2001 por lotes, por un orzamento estimado desde o 1 de marzo ata o 28 de febreiro de 2003 de corenta e nove millóns cento vinte e oito mil pesetas, (49.128.000 pesetas=295.265,23 euros), IVE incluído.

Año 2001: 20.470.000 pesetas (123.027,18 euros), IVE incluído.

Año 2002: 24.564.000 pesetas (147.632,62 euros), IVE incluído.

Año 2003: 4.094.000 pesetas (24.605,44 euros), IVE incluído.

Lote nº 1: servicio normal de urxencias Santiago de Compostela.

Importe: 3.600.000 pesetas.

Lote nº 2: punto de atención continuada de Noia-Outes-Lousame.

Importe: 3.600.000 pesetas.

Lote nº 3: punto de atención continuada de Arzúa-Boimorto.

Importe: 3.600.000 pesetas.

Lote nº 4: centro de saúde de Porto do Son.

Importe: 2.328.000 pesetas.

Lote nº 5: servicio normal de urxencias de Rianxo.

Importe: 3.600.000 pesetas.

Lote nº 6: punto de atención continuada de Negreira-A Baña.

Importe: 3.600.000 pesetas.

Lote nº 7: punto de atención continuada de Melide-Toques-Santiso.

Importe: 3.600.000 pesetas.

Lote nº 8: punto de atención continuada de Muros-Carnota.

Importe: 3.600.000 pesetas.

Lote nº 9: centro de saúde da Pobra.

Importe: 3.600.000 pesetas.

Lote nº 10: servicio normal de urxencias Boiro.

Importe: 3.600.000 pesetas.

Lote nº 11: punto de atención continuada de Santa Comba-Mazaricos.

Importe: 3.600.000 pesetas.

Lote nº 12: centro de saúde de Ribeira.

Importe: 3.600.000 pesetas.

Lote nº 13: punto de atención continuada de Ordes-Tordoia-Mesía-Frades.

Importe: 3.600.000 pesetas.

Lote nº 14: punto de atención continuada de Padrón-Dodro-Rois.

Importe: 3.600.000 pesetas.

2. Prazo de execución.

A prestación do servicio deberá comezar no prazo de trinta días, como máximo, contados desde a data de notificación da adxudicación e rematará o 28 de febreiro de 2003.

3. Admisión de variantes.

Non se admiten.

4. Solvencia económica e financeira.

Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia técnica.

Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

6. Criterios de adxudicación.

Igual que folla de especificacións.

7. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden solicitarense na Sección de Contratación Administrativa da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, sito na rúa Santiago León de Caracas, nº 12 C.P. 15701, nos días de luns a venres desde as 9 ata as 14 horas, ou ó teléfono 981 52 73 27 e fax 981 59 66 20, durante o prazo de admisión das proposicións.

8. Garantías esixidas.

Provisional: 2% ver punto 10 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Definitiva: 4% ver punto 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

9. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, antes das catorce horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

10. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela.

11. Documentación que deberán presenta-os licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2001.

David Bouza Álvarez

Director xerente da Xerencia de Atención Primaria

de Santiago de Compostela