Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 12 de marzo de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público para a prestación de servicios de logopedia na área sanitaria da provincia de Lugo.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 74, do martes, 17 de abril de 2001, cómpre face-la oportuna corrección:

-Na páxina 5.064, onde di: «... de prestación de servicios mediante o procedemento negociado seguinte:», debe dicir: «... de prestación de servicios mediante o procedemento de concurso aberto seguinte:».