Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2001 pola que se fai pública a adxudicación da asistencia técnica de organización de redes de cooperación interempresarial. (C.P. 15/2000).

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Número de expediente: C.P. nº 15/2000.

2. Obxecto do contrato: asistencia técnica de organización de redes de cooperación interempresarial.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 185, do 22-9-2000.

5. Orzamento base de licitación: 12.000.000 de pesetas (doce millóns de pesetas), IVE incluído, órzase o prezo/hora reunión nun máximo de 60.000 pesetas, IVE incluído.

6. Adxudicación.

a) Data: 25 de xaneiro de 2001.

b) Contratistas e importes de adxudicación: Arthur Andersen polo importe máximo de 10.800.000 pesetas, IVE incluído correspondentes a 54.000 pesetas, IVE incluído de prezo/hora/reunión.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica