Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e mediante concurso, dun contrato de servicios consistente na prestación de información en materia de consumo a través dun teléfono de chamada gratuíta.

Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Obxecto do contrato: prestación de información en materia de consumo a través dun teléfono de chamada gratuíta.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2001, podendo prorrogarse polo mutuo consentimento das partes antes da súa finalización, tal como se establece no artigo 198 do TRLCAP.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Solvencia económica financeira e técnica: deberase acredita-la solvencia económica e financeira a través dun informe de institucións financeiras, de conformidade co establecido no artigo 16.1º a) do TRLCAP.

A solvencia técnica e profesional acreditarase mediante declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato, tal e como dispón o artigo 19.e) da citada lei.

Orzamento base de licitación: seis millóns de pesetas (6.000.000 de pesetas).

Garantías.

Provisional: 2% do orzamento (120.000 pesetas).

Obtención de documentación e información.

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Dirección: praza de Europa, 10 A, 2º.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

-Teléfono: 981 54 45 12.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: no se esixe.

Data límite de presentación: no prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación necesaria: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación.

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: praza de Europa, 10 A, 2º (edificio Área Central).

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Apertura de ofertas.

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: praza de Europa, 10 A, 2º (edificio Área Central).

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura de proposicións cadra en sábado, posporase ata o luns siguiente.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2000.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo