Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 19 de marzo de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, os acordos de incoación dos expedientes administrativos de desafiuzamento 9 e 10/2001. Non ocupación. (Regularización).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e último enderezo coñecido sinalados no anexo, os acordos de incoación dos correspondentes expedientes administrativos de desafiuzamento que, cos números que se indican, se iniciaron neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, causa prevista nos artigos 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese o prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación ó acordo ante este Servicio Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, para alegaren por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, para achegaren ou propoñeren as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por realizado o trámite, e o expediente seguirá o seu curso.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das adminis

tracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 19 de marzo de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 9/2001 (non ocupación).

Expedientada: Mª Antonia González Ameneiro e herdeiros.

Último domicilio coñecido: r/ Fernando VI, bloque 2, P-1, 1º A, polígono de Esteiro (Ferrol).

(Expte. C-81/050, conta 49).

Nº expediente de desafiuzamento: 10/2001 (non ocupación).

Expedientado: Guillermo López Pita e herdeiros.

Último domicilio coñecido: r/ Fernando VI, bloque 1, P-2, 2º D, polígono de Esteiro (Ferrol).

(Expte. C-81/050, conta 22).