Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AGOLADA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, na súa sesión do día 14 de marzo de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente por instancia de Carmen Varela Peón o estudio de detalle para o reaxustamento de aliñación de edificación na estrada de Ventosa das normas subsidiarias de planeamento urbanístico de Agolada.

Segundo.-Ordena-la publición desta resolución na forma legalmente prevista e que se realicen os demais trámites regulamentarios ata a súa aprobación definitiva.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que se formulen as alegacións que se consideren oportunas durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

En Agolada, 19 de marzo de 2001.

O alcalde

Rubricado