Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 31667).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: modf. e renov. da subest. Sidegasa 220/30 kV en 220/66 kV.

Situación: Curtis.

Descricións técnicas: rehabilitación parcial da subestación eléctrica Sidegasa, en Teixeiro, consistente en: nova subestación 220/66 kV, con chegada de liña de Mesón do Vento, un transformador 220/66 kV de 75 MVA e unhas barras de 66 kV, con tres posicións, transformador, liña Teixeiro de 66 kV e conexión planta de coxeración de bioetanol. Curtis.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de marzo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña