Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.428

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52518). Ampliación 2000.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: subestación Cesuras 66/15 kV.

Situación: Cesuras.

Descricións técnicas: ampliación da subestación eléctrica 66/15 kV de Cesuras, consistente en nova posición de liña de 66 kV para coxeración Losan-Aserpal integrada por cela blindada de liña de 66 kV, que contén interruptor tripolar, trafos de intensidade e tensión, seccionadores con PAT para barras e liña conxunto de proteccións para liña e equipo de medida. Cesuras.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de marzo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña