Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 58/1996). Ampliación 2000.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: subestación Teixeiro 66/15 kV.

Situación: Curtis.

Descricións técnicas: ampliación da subestación eléctrica de Teixeiro 66/15 kV, consistente en: nova posición de liña a 66 kV integrada por: cela blindada de liña a 66 kV, que contén seccionador tripolar, trafos de intensidade e de tensión e seccionadores de barras e de liña con PAT. Transformador intemperie para servicios auxiliares de 160 kVA e tensións de 66/15 kV. Interconexión entre barras da subestación de Teixeiro e da subestación de Sidegasa a 66 kV, mediante conductor baixo tubo, con cable illado 38/66 kV de 3 (1x630) mm Al, de 150 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de marzo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña