Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.418

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2001 pola que se nomea persoal laboral fixo do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable na categoría de analistas-programadores.

De conformidade co disposto na base 7.3 da convocatoria das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do Cixtec de analistas-programadores, convocada por Resolución do 26 de maio de 2000, e visto o cumprimento dos requisitos esixidos na convocatoria:

Nómease persoal laboral fixo do Cixtec, na categoría de analistas-programadores, grupo II, os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo I.

As persoas á que se refire o anexo deberán tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso de reposición postestativo no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante o mesmo órgano que dicta o acto e ademais recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudisdiccional contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2001.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable

ANEXO

Persoal laboral fixo do Cixtec, categoría analistas-programadores:

Nome e apelidosDNIGrupoCategoríaDenominaciónLocalidade

Marcos Lois Bravo34.997.534II27Analista programadorSantiago de Compostela

Cristóbal Elías Yánez García32.661.503II27Analista programdorSantiago de Compostela

Javier Ángel Pensado Moure33.259.898II27Analista programadorSantiago de Compostela

Iván Moratinos García33.319.367II27Analista programadorSantiago de Compostela

Miguel Taboada Penas32.830.165II27Analista programadorSantiago de Compostela

Ricardo Portabales Dobaño33.279.148II27Analista programadorSantiago de Compostela