Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.417

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2001 pola que se nomea persoal laboral fixo do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable na categoría de programadores.

De conformidade co disposto na base 7.3 da convocatoria das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do Cixtec na categoría de programadores, convocada por Resolución do 25 de maio de 2000, e visto o cumprimento dos requisitos esixidos na convocatoria:

Nómease persoal laboral fixo do Cixtec, na categoría de programadores, grupo III, os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo.

As persoas á que se refire o anexo deberán tomar posesión do correspondente posto de traballo no pra

zo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso de reposición potestativo no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante o mesmo órgano que dicta o acto e ademais recurso conten

cioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2001.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable

ANEXO

Persoal laboral fixo do Cixtec, categoría de programadores:

Nome e apelidosDNIGrupoCategoríaDenominaciónLocalidade

José Barreiro Novoa43.048.929III30ProgramadorSantiago de Compostela

Roberto Martínez Basoa76.406.999III30ProgramdorSantiago de Compostela

Rafael José García Araújo52.471.620III30ProgramadorSantiago de Compostela