Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.417

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2001, dos tribunais números un e dous designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 13 de xuño) pola que se fixa a data, a hora e o lugar da realización do cuarto exercicio do devandito proceso.

En sesión conxunta do día 18 de abril de 2001 acordouse, de conformidade co disposto na base II.1.1.d da convocatoria, que o cuarto exercicio da oposición se teña lugar o 27 de abril de 2001 ás 9.30 horas na Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, s/n, en Santiago de Compostela, en chamamento único. As portas de acceso ó lugar de realización de exame abriranse ás 9 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos do DNI e bolígrafo ou pluma estilográfica e poderán levar textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2001.

Joaquín López-Rúa SolerJavier Suárez García

Presidente do tribunal número unPresidente do tribunal número dous.