Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.418

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se completa a relación de aspirantes que superaron o concurso-oposición convocado pola Resolución do 8 de abril de 1996, modificada pola Resolución do 15 de novembro de 2000.

O punto 6 da base oitava da Resolución do 8 de abril de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril), modificada pola Resolución do 15 de novembro de 2000 (DOG nº 232, do 30 de novembro), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do complexo hos

pitalario Santa Mª Nai-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense, dispón que perderán os dereitos derivados da súa participación no concurso-oposición os aspirantes seleccionados que non asinen o correspondente contrato de traballo ou os que, sen causa xustificada, non tomen posesión da praza correspondente.

Para tal fin, a Resolución do 4 de abril de 2001 (DOG nº 72, do 11 de abril), da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, cita os aspirantes que superaron o dito concurso-oposición para a formalización do correspondente contrato de traballo.

Realizado o citado acto de formalización dos oportunos contratos de traballo pola Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario de Ourense e elevada a

oportuna proposta de exclusión dalgún aspirante polo motivo expresado no parágrafo anterior, en uso das facultades que lle outorga o punto 7 da base oitava da citada resolución, procede que este centro directivo cubra a dita praza cos aspirantes que cumpran coas condicións esixidas nas bases da convocatoria e superasen a fase de oposición, en atención á orde de puntuación acadada, alterándose deste xeito a proposta inicial do respectivo tribunal, polo que

RESOLVE:

Primeiro.-Declarar que superaron o concurso-oposición convocado por Resolución do 8 de abril de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril), modificada pola Resolución do 15 de novembro de 2000 (DOG nº 232, do 30 de novembro), as seguintes aspirantes nas categorías que se indican:

-Auxiliar de enfermería: María Pérez Iglesias, DNI: 34.996.920.

-Operario: Mª de los Ángeles Fernández González, DNI: 76.716.091.

Segundo.-As novas aspirantes definitivamente seleccionadas deberán cumprir igualmente os trámites previstos na base oitava da convocatoria para o resto do persoal seleccionado.

Terceiro.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado competente, no prazo de dous meses, contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, no prazo dun mes, poderá interpoñerse recurso de reposición ante este centro directivo.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos