O Concello de Barbadás solicitou a cesión por parte da Xunta de Galicia dun treito da antiga estrada N-540 (Lugo-Portugal por Ourense) comprendido no termo municipal e que queda fóra do novo trazado da estrada referida logo das obras de mellora e ampliación nela efectuadas.
Conforme o sinalado nos artigos 4 e 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de acordo entre as administracións afectadas e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de abril de dous mil un.
DISPOÑO:
Artigo 1º
Apróbase o cambio de titularidade, a prol do Concello de Barbadás do seguinte treito correspondente á modificación do trazado da estrada N-540 (Lugo-Portugal por Ourense, treito: Ourense-Celanova):
Variante desde o límite co municipio de Ourense na Valenzá ata o entronque coa nova N-540 en Bentraces.
A antiga estrada N-540 discorre nunha lonxitude de 6.250 metros.
O treito enlaza coa actual N-540 nos p.k. 1,400 e 7,020 da marxe dereita.
Artigo 2º
Corresponderalle ó Concello de Barbadás a xestión, mantemento, conservación e explotación da vía cedida.
Disposición derradeira
O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Leiro, seis de abril de dous mil un.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Xosé Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial, Obras
Públicas e Vivenda