Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.334

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 83/2001, do 29 de marzo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra número 120, Plan de Obras e Servicios 2000, Samos, estrada provincial de Samos ó Courel, alargamento e afirmado, terminación do punto quilométrico 0 ó 3. (Concello de Samos).

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión que tuvo lugar o día 21 de xullo de 2000, aprobou o proxecto da obra número 120, Plan de Obras e Servicios 2000, Samos, estrada provincial de Samos ó Courel, alargamento e afirmado, terminación do punto quilométrico 0 ó 3, e na sesión do 26 de decembro de 2000 acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 13 de marzo de 2001.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque, segundo sinala a deputación, se trata de mellora-lo servicio da actual vía da estrada provincial de Samos ó Courel, que na actualidade supón un perigo para o tráfico, máxime tendo en conta que é unha estrada de montaña, o que supón unha difi

cultade engadida á circulación de vehículos, ó bordear accidentes orográficos de grande envergadura. Ademais destas dificultades, engádese a de que este tramo é o camiño máis curto existente entre Seoane do Courel e Lugo, polo que é moi transitada polos vehículos que evitan o rodeo polo porto de montaña de Poio ou por Folgoso e Quiroga.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de marzo de dous mil un.

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución da obra número 120, Plan de Obras e Servicios 2000, Samos, estrada provincial de Samos ó Courel, alargamento e afirmado, terminación do punto quilométrico 0 ó 3.

Santiago de Compostela, vintenove de marzo de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais